Saturday 04 de May de 2024

O alumnado de Brión aprende a importancia de respectar as diferenzas entre persoas a través dunha sesión de contacontos


Unha sesión vermú con Sophie Simonds, Minguante e Iguatuke pechará este domingo o VI Festival Brión Inclúe

O festival Brión Inclúe 2023 visitou esta mañá o CEIP de Pedrouzos da man de Cris de Caldas, que presentou o seu espectáculo “Contos para entendernos mellor” ao alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria. Unha proposta que busca que a rapazada sexa consciente das diferenzas que hai entre eles e as persoas que están ao seu redor pero que aprendan tamén a respectar esas diferenzas e a atopar as semellanzas que os unen.

Un espectáculo incluído na programación da sexta edición do festival Brión Inclúe, organizado polo Concello de Brión, xestionado por Culturactiva S. Coop. Galega, subvencionado pola Deputación da Coruña e que conta coa colaboración de Gadis e Froiz. A de hoxe foi a terceira actuación de Cris de Caldas no municipio, pois onte xoves visitou á rapazada das escolas de educación infantil de Os Ánxeles e Sabaxáns.

Como broche final á programación do VI Festival Brión Inclúe, o salón de actos do Centro Social Polivalente acollerá este domingo 12 de novembro, a partir das 12.00 horas, unha Sesión Vermú presentada por Andrea Bugallo e que contará coas actuacións de Iguatuke, Minguante e Sophie Simonds.